Monterroso reúne preto de 300 persoas na Festa da Terceira Idade
Laura Moure/Monterroso
A Festa da Terceira Idade de Monterroso reuníu onte a preto de 300 persoas no recinto da Cúpula nunha xornada de convivencia, reencontros e homenaxe ás persoas maiores do municipio.

A celebración comezou cunha misa na igrexa parroquial, á que seguiu a actuación da Banda EGS. Ademais, os asistentes compartiron o xantar e a programación continuou pola tarde coa actuación musical do Dúo Trasnos.
PUBLICIDADE
Desde o Goberno local destacan o carácter especial desta cita, concibida como un espazo de encontro e celebración para recoñecer o papel das persoas maiores na vida do municipio.
PUBLICIDADE
O Concello de Monterroso agradeceu a elevada participación nesta festa, así como o tempo, o esforzo e o cariño achegados polas persoas maiores ao longo dos anos, ás que quere render homenaxe a través desta celebración.









Comentarios