top of page

Palas de Rei disporá dunha zona de baño público habilitada no entorno do parque empresarial

26 jul
1 min de lectura

As citadas instalacións están promovidas polo Grupo Jim Sports, froito da colaboración público-privada articulada co Concello


Laura Moure/Palas de Rei

Palas de Rei disporá dunha nova zona de baño habilitada no entorno do parque empresarial. Unha vez rematado o acondicionamento das súas instalacións, agárdase a súa apertura ó público en xeral de cara finais desta temporada ou xa o próximo ano.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

As citadas instalacións, promovidas polo Grupo Jim Sports son froito da colaboración público-privada articulada co Concello de Palas de Rei, contarán cun servizo de bar de piscina con terraza e dispoñen de máis de 1.500 metros cadrados de zonas verdes, así como, estarán dotadas dun parque infantil, onde os máis novos poidan desfrutar da zona de baño, todo elo encadrado nunha zona con múltiples instalacións deportivas e xusto ó lado do actual ximnasio.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A inversión total, superou o 1.400.000 euros e foi asumida polo Grupo Jim Sports e estará disponible para os máis de 150 traballadores do Grupo empresarial e para os veciños/as de Palas de Rei.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para ler o manifesto.
Preme na imaxe para ler o manifesto.

Este venres o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, visitou as instalacións e asistiu ós actos de celebración do Sports Day que celebra Jim Sports e nos que contou con máis de 200 participantes. O CEO do Grupo, Jesús Manuel Graña acompañou ao rexedor no percorrido polas instalacións, onde tamén analizaron as novas inversións previstas polo Grupo.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page