top of page

Pablo Alborán cancela a súa actuación no Festival de la Luz de Boimorto por motivos de saúde

Ecos da Comarca/Boimorto

O artista Pablo Alborán non poderá formar parte do Festival de la Luz, que se celebrará do 28 ao 30 de agosto en Boimorto. O cantante comunicou a través das súas redes sociais que continúa recuperándose dunha pneumonía, pero os médicos recomendáronlle manter varios días máis de repouso.

Pablo Alborán durante unha actuación. (Fonte: Facebook Pablo Alborán).
Pablo Alborán durante unha actuación. (Fonte: Facebook Pablo Alborán).

"A recuperación está sendo un pouco máis lenta do que me gustaría, pero vai por bo camiño", explicou Alborán, que asegura que agora debe ter paciencia e respectar os tempos necesarios para poder recuperarse completamente.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

O artista lamentou profundamente non poder estar no festival e pediu desculpas polas molestias que esta cancelación poida ocasionar. Ao mesmo tempo, agradeceu o apoio, a comprensión e o cariño recibido durante estes días.

Tamén asegurou que fará "todo o posible" por regresar a Boimorto o vindeiro ano e poder reencontrarse co público. "Os que me coñecedes, sabedes canto me doe non poder estar con vós o próximo domingo», sinalou.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Cartel do festival:


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page