top of page

Os Xenerais da Ulla dan os seus "vivas" en Lamela, Merza e Bama

Tampouco faltaron os desfiles de disfraces


Laura Moure/IsmaelRS/Xeral

Coa chegada do Entroido os que non poden faltar son os Xenerais da Ulla. Esta pasada fin de semana fixeron as súas primeiras paradas nas comarcas. O sábado estiveron na parroquia silledense de Lamela, a onde ECOS DA COMARCA se achegou (TEMOS VÍDEO NA PARTE INFERIOR), e o domingo nas parroquias de Merza (Vila de Cruces) e Bama (Touro) as que prometemos visitar en vindeiras ocasións.

Os Xenerais da Ulla en Lamela o pasado sábado. Autor: Ecos da Comarca.

Esta celebración xa foi declarada Festa de Interese Turístico de Galicia dende hai máis dunha década e é algo que se transmite de xeración e xeración, como se poden aprezar nas idades dispares dos xenerais e xeneralas. Os atranques, nos que a retranca e o humor non poden faltar, complétanse con desfiles de disfraces.

O desfile de disfraces en Merza (Vila de Cruces).

Tal e como recollen os Xenerais da Ulla na súa web non se pode asegurar con certeza a orixe concreta dos Xenerais da Ulla, pero, polas características comúns destas mascaradas, esta hai que buscala nos diferentes enfrontamentos armados que se sucederon na comarca ó longo do século XIX: primeiro a loita contra a invasión francesa e, despois, a revolución do 1846, que rematou coa batalla de Cacheiras, coas tropas de cada un dos bandos percorrendo os espazos en que hoxe se mantén vivo este entroido. As diferentes guerras carlistas que se desenvolveron en España durante o século XIX axudarían, sen dúbida, a crear un abraio colectivo que desembocou na súa ridiculización.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A celebración do Entroido sitúase ó redor das datas marcadas pola Igrexa para esta conmemoración. Os días con máis actos son os correspondentes ó sábado e domingo de entroido, pero tamén hai actos o martes de entroido, o domingo de piñata, o domingo corredoiro e mesmo antes se é necesario pedir traxes ou bestas prestadas.

O atranque dos Xenerais da Ulla este domingo en Bama, Touro.

O entroido dos Xenerais é privativo da comarca natural da Ulla, en concreto dos concellos de Boqueixón (parroquias de Lestedo e Sergude), A Estrada (Cora, Couso, Paradela, Santa Cristina de Vea e Santeles), Santiago de Compostela (Aríns, Marrozos, O Eixo), Silleda (A Bandeira, Dornelas, Lamela), Teo (Bamonde, Cacheiras, Lucí, Oza, Rarís, Recesende, Reis, Vilariño, Teo), Touro (Bama, Fao, San Xoán de Touro), Vedra (Illobre, San Xián de Sales, Trobe, Vedra e Vilanova), Vila de Cruces (Merza, Piloño, Salgueiros). Tamén se celebra na parroquia padronesa de Carcacía.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Antigamente había así mesmo xenerais da ulla noutras parroquias onde hoxe se perdeu a tradición, como San Mamede de Ribadulla e San Miguel de Sarandón en Vedra, Gres e Brandariz en Vila de Cruces e Ledesma en Boqueixón, entre outras. En ningún outro lugar de Galicia, nin que se saiba de España nin de Europa Occidental, hai nada semellante.


VÍDEO DOS XENERAIS EN LAMELA:

As vindeiras datas dos Xenerais da Ulla no enlace:

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page