top of page

Os socialistas de Melide José Prado e Chus Iglesias dimiten como membros do equipo do goberno actual

31 may 2023
1 min de lectura

Ademais, o candidato non asumirá a acta de concelleiro, que lle correspondería como consecuencia das eleccións municipais celebradas o 28 de maio de 2023


Laura Moure/Melide

A agrupación local do PSdeG-PSOE de Melide e membros da candidatura, mantiveron no día de onte unha reunión como consecuencia das eleccións municipais celebradas o recente 28 de maio e acordaron: O PSdeG-PSOE de Melide abre un proceso de reflexión interno para valorar a situación e garante o apoio incondicional ao candidato de Adiante Melide á Alcaldía de Melide o vindeiro 17 de xuño.


O comunicado íntegro de José Prado:

Na reunión que mantiveron os membros da agrupación local do PSdeG-PSOE de Melide e membros da candidatura, comuniquei que non asumirei a acta de concelleiro, que me correspondería como consecuencia das eleccións municipais celebradas o 28 de maio de 2023.


Así mesmo, con data de 31 de maio de 2023, ao igual que a miña compañeira Chus Iglesias, presentei a dimisión como membro do equipo de goberno actual, coa conseguinte renuncia ás competencias inherentes ao cargo de Tenente Alcalde, conservando unicamente a condición de Concelleiro do Grupo Municipal Socialista ata a constitución da nova Corporación Municipal.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Manifesto o meu máis cordial agradecemento a todos os militantes socialistas, a todos e todas as persoas que me acompañaron en candidaturas municipais, e a todos os votantes que nos apoiaron. Quero resaltar a miña satisfacción polo traballo desenrolado xunto co a miña compañeira Chus Iglesias, primeiro na oposición (2015-2019) e despois no Goberno de Melide (2019-2023), xa que en ambos períodos, contribuímos a mellorar Melide e sendo tamén decisivos para evitar que o PP gobernase no pobo.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page