top of page

Os Siareiros Dezaos preparan unha nova edición do Cocido Celeste, que será o 28 de marzo

Laura Moure/Deza

A peña celtista Siareiros Dezaos organiza unha nova edición do Cocido Celeste, un evento gastronómico e social que se vén celebrando desde hai máis dunha década e que se converteu nunha cita destacada para os afeccionados do Real Club Celta de Vigo, así como para os amantes da gastronomía e da convivencia na comarca.


A xornada terá lugar o venres 28 de marzo e contará cun programa de actividades que combinará cultura, gastronomía e celtismo. Como é habitual, os participantes reuniranse na sede da peña, o Fogar de Asorey, en Lalín, para dar comezo ao día cunha visita cultural, que nesta edición será ao Museo Etnográfico Casa do Patrón de Doade (Lalín), un dos espazos de referencia para coñecer a tradición e a historia popular galega.

Tras a visita, os asistentes gozarán dunha sesión vermú acargo dos Varacuncas  antes do xantar principal, no que se degustará un Cocido de Lalín, prato estrela da gastronomía Lalinense e sinal de identidade deste encontro anual. E un fin de festa a cargo de Dj Smile.


O Cocido Celeste comezou hai anos como unha pequena xuntanza entre peñas amigas e foi medrando edición tras edición ata superando  os douscentos  participantes nas últimas convocatorias. A esta cita adoitan achegarse peñistas procedentes de diferentes puntos de Galicia e doutras comunidades, reforzando os lazos de unión entre o celtismo e promovendo a comarca como punto de encontro.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Máis alá do aspecto gastronómico, o evento destaca polo seu carácter de convivencia e confraternización, nun ambiente festivo e familiar, consolidándose como unha iniciativa promovida desde o celtismo de base que aposta tamén pola cultura e o patrimonio local.


Ao longo das distintas edicións contou tamén coa presenza de persoas vinculadas ao Real Club Celta, a presidenta Marian Mouriño, director deportivo Marco Garces ou o presidente da federacion de peñas Pepe Méndez o que pon de manifesto a relevancia acadada por esta iniciativa promovida por Siareiros Dezaos. 

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Desde a organización lembran que o Cocido Celeste conta con aforo limitado, polo que é necesaria reserva previa para poder participar, sendo a data límite para anotarse o sábado 14 de marzo.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page