top of page

Os Seráns nos Pendellos arranca mañá en Agolada con Tonhito de Poi & Juan Eiras e Chavellos

A iniciativa traerá a este enclave histórico cinco actuacións durante xullo e agosto


Laura Moure/Agolada

O Salón de Plenos do Concello de Agolada acolleu onte a presentación oficial da iniciativa Seráns nos Pendellos. Trátase dun programa de cinco concertos promovido polo artista Juan Eiras que terán como escenario este enclave histórico ao longo dos meses de xullo e agosto. A primeira cita será mañá, sábado 11. A iniciativa foi presentada por Eiras e pola concelleira de Ocio e Mocidadede de Agolada, Isabel Alba.

Isabel Alba e Juan Eiras. Autor: Ecos da Comarca.
Isabel Alba e Juan Eiras. Autor: Ecos da Comarca.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Deste xeito, os históricos Pendellos de Agolada encheranse de música, convivencia e bo ambiente cun ciclo de concertos gratuítos que recupera o espírito de encontro que durante séculos deu vida a este espazo único. A edil de Agolada agradeceu a Eiras esta marabillosa iniciativa e mostroulle todo o apoio por parte do Concello. Tal e como adiantou Eiras, o obxectivo é poder continuar con este proxecto tamén durante o inverno.


Todos os concertos comezarán ás 20:00 horas e prolongaranse ata a 01:00 da madrugada. Tal e como explica Eiras son concertos de balde con entrada inversa, é dicir, o público non paga unha entrada fixa, senón que ao remate pode achegar, se así o considera, porque non é obrigatorio, a cantidade que considere para apoiar aos artistas e á organización.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Programación :

  • 11 de xullo – Tonhito de Poi & Juan Eiras + Chavellos

  •  1 de agosto – Xisco Feijóo & Juan Eiras

  •  22 de agosto – David Regueiro Trío

  • 12 de setembro – The Back Jackets

  • 19 de setembro – Valentín Caamaño Eunice Quartet

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

"Queremos tamén expresar un agarimo especial ao noso veciño Juan Eiras, compositor, músico e impulsor desta iniciativa, polo seu compromiso coa cultura e polo cariño que sempre amosa cara á súa terra. Grazas por poñer o teu talento e a túa ilusión ao servizo de Agolada.  Ven gozar da mellor música e dun dos conxuntos históricos máis singulares de Galicia. Agardámoste nos Seráns nos Pendellos!", sinalou o Concello a través das súas redes sociais.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page