Os Seráns en Ribadiso continúan este venres con “Charlatán Rodríguez”, un espectáculo familiar
- ecosdacomarca

- 21 ago 2025
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Arzúa
O Concello de Arzúa continúa este venres, 22 de agosto, coa programación dos Seráns en Ribadiso, unha iniciativa que leva a este espazo singular propostas de lecer alternativo pensadas para desfrutar en familia. Nesta ocasión, ás 18:00 horas, Ribadiso acollerá o espectáculo “Charlatán Rodríguez”, dirixido por Fran Rei e creado por Félix Rodríguez.

Publicidade
“Charlatán Rodríguez” presenta a un personaxe que chega co seu posto ateigado de remedios máxicos, palabras afiadas e promesas imposibles. Cunha mestura de humor, retranca, música e maxia, o espectáculo convida a rir, soñar e participar nun xogo escénico cheo de ritmo e imaxinación.
Publicidade
Será ás 18 horas. O Concello de Arzúa anima á veciñanza e ás persoas visitantes a achegarse a Ribadiso e desfrutar dun serán diferente pensado para todas as idades.








Comentarios