top of page

Os restaurantes lalinenses La Molinera e Cabanas distinguidos nos II Premios da Cociña Galega

hace 2 días
3 min de lectura

Laura Moure/Deza

A diversidade da cociña galega e o traballo das e dos profesionais que a manteñen viva protagonizaron este luns os II Premios da Cociña Galega, unha iniciativa que conta co apoio da Deputación da Coruña. O deputado Xosé Penas participou na gala, que se desenvolveu na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, xunto a Flavia Ramil, directora xerente en Turismo de Santiago de Compostela, e Xosé Manuel Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia.

Nesta segunda edición, a iniciativa distinguiu 17 establecementos en 19 categorías dedicadas a receitas e produtos representativos da gastronomía do país. O certame concedeu tamén catro recoñecementos especiais a Lucía Freitas, Casa Gaibor, Begoña Vázquez e La Viuda.


Os premios reuniron nun mesmo palmarés elaboracións como os callos, a empanada, as filloas, o cocido e o polbo á feira, xunto con receitas de peixe, carne e marisco. A segunda edición reivindicou así a riqueza culinaria de Galicia e o labor dos establecementos que a preservan, a interpretan e lla ofrecen cada día á súa clientela.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O deputado Xosé Penas puxo en valor durante a súa intervención inaugural que a cociña galega "que vive un momento extraordinario a nivel nacional e internacional", e o traballo do sector, "responsable dun traballo colectivo que une produto, territorio e identidade deste o noso pais". Penas dirixiuse ás e aos restauradores participantes, sinalando que "nos vosos pratos está a historia deste noso país, as das persoas do agro, as dos mariñeiros, as dos cociñeiros e en definitiva a de todo o persoal que forma parte desta inmensa rede comprometida cun modelo de traballo baseado na sustentabilidade e a calidade, esa calidade que vos fai únicos e referente mundial". "Un referente", engadiu, "que ao mesmo tempo permite a difusión e posta en valor dun país como o noso, doutro modelo de turismo e de promoción territorial, ese modelo que ve como en Galiza hai outra forma de coñecer e disfrutar, un modelo que se promove a través dunha estratexia como 'A paisaxe que sabe' dende a nosa institución".


Propostas premiadas

La Molinera de Lalín recibiu o premio ás mellores filloas; La Empanada Viajera, á mellor empanada galega; Pazo de Santa Cruz de Mondoi, aos mellores callos á galega; Cabanas, tamén de Lalín, ao mellor cocido; e Fuchela, ao mellor polbo á feira. O palmarés recoñeceu tamén a carne ao caldeiro do Dezaseis, a orella de porco do Bar Orellas (Teatro Principal) e o raxo do Secreto, entre outras especialidades. A Mundiña e Rocamar obtiveron dous galardóns cada un. A primeira foi distinguida pola mellor caldeirada e pola mellor receita con pescada; o segundo, polo mellor salpicón de marisco e pola mellor receita de marisco crustáceo. Casa Gaibor sumou ao premio á mellor receita con lura o recoñecemento especial a Casa de comidas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Catro distincións especiais

Ademais das 19 categorías, a gala dedicou un espazo aos catro premios especiais desta edición: Pratos esquecidos, que recibiu Lucía Freitas pola recuperación da receita de salazón; Casa de comidas, concedido a Casa Gaibor; Novos talentos, para Begoña Vázquez; e Senlleiros de Galicia, que distinguiu a La Viuda. Estas distincións completaron o recoñecemento ás receitas cunha homenaxe ás persoas e aos establecementos que contribúen á continuidade e á evolución da gastronomía galega.


Xurado

O xurado pasou de preto de sesenta profesionais na primeira edición a máis de 100 nesta segunda convocatoria. A organización ampliou a súa composición coa vontade de reforzar a representación do conxunto de Galicia e incorporou melloras nas ferramentas de votación e na definición das categorías.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page