top of page

Os Reis Magos de Oriente visitarán o día 5 as parroquias do municipio de Touro

25 dic 2021
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Touro

As Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visitarán o día 5 de xaneiro as distintas parroquias do concello de Touro. "As súas Maxestades agardarán con ilusión e tamén con caramelos e algún que outro agasallo, a todos aqueles nenos e a todas aquelas nenas que se acheguen a visitalos", sinala o Concello.

Ademais, prégase ás familias que respecten a distancia social e todas as medidas de seguridade e hixiene fronte á Covid-19 e que acudan a un só lugar para velos. E por suposto, a actividade estará suxeita ás indicacións das autoridades sanitarias.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page