top of page

Os propietarios da parcelaria de Gonzar, no Pino, poden solicitar as novas fincas a partir do día 29

O 16 de xuño remata o prazo para solicitar os cambios de titularidade das propiedades actuais


Laura Moure/O Pino

A concentración parcelaria de Gonzar II inicia unha nova fase nesta parroquia do Pino. Os propietarios de terreos poderán manifestar a partir do día 29 de abril que parcelas lles gustaría recibir. A elaboración da enquisa de acordo (como se chama este proceso) vaise desenvolver no local social de Gonzar dende o día 29 ata o 16 de maio, citando a veciñanza segundo a aldea na que residen. Ata o 16 de xuño poderá solicitarse tamén o cambio de titularidade das parcelas e actualizar os datos das construcións existentes.

Nunha reunión celebrada na Casa de Cultura de Arca, a xefa do Servizo de Estruturas Agrarias da Consellería do Medio Rural informou á veciñanza dos pasos a seguir, e avanzou como estaba o proceso desta parcelaria. Unhas 80 persoas asistiron a esta xuntanza, na que tamén estivo presente o alcalde, Manuel Taboada Vigo. Os planos desta concentración parcelaria pódense consultar no local social de Gonzar.


Enquisa de acordo

O luns 29 de abril, técnicos da empresa Esproagro Ingeniería desprazaranse ata o local

social de Gonzar para comezar cos traballos de elaboración da enquisa de acordo, na que

os propietarios de terreos poderán solicitar as parcelas que lles gustaría recibir cando remate o proceso.


Publicidade

A reunión cos propietarios farase en diferentes datas, segundo a aldea na que residan, con

seguinte calendario:

  • Rabal de Arriba e Rabal de Abaixo: 29 de abril (10:00-14:00 e 15:30-18:00 h) e 30

de abril (10:00-14:30 h).

  • Lameiro,Castriños e Cabanelas: 2 de maio (10:00-14:00 e 15:30-18:00 h) e 3 de

maio (10:00-14:30 h).

  • Vilar e Bugalleira: 6 de maio (10:00-14:00 e 15:30-18:00 h) e 7 de maio (10:00-

14:30 h).

  • Gonzar e San Andrés: 8 de maio (10:00-14:00 e 15:30-18:00 h) e 9 de maio (10:00-

14:30 h).

  • Pumar, Amarelle e San Gregorio: 10 de maio (10:00-14:30 h) e 13 de maio (10:00-

14:00 e 15:30-18:00 h)

  • Non residentes na parroquia: 14 e 15 e maio (10:00-14:00 e 15:30-18:00 h) e 16 de maio (10:00-14:30 h)


Cambio de titularidade ata o 16 de xuño

Por outra banda, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural estableceu o 16 de xuño como data límite para solicitar cambios de titularidade das parcelas base (as actuais fincas).


Publicidade

A partir desa data, e ata o momento que remate a parcelaria, tan so se admitiran as

solicitudes de cambio de titularidade das parcelas actuais sempre que o cambio afecte á

totalidade das parcelas achegadas por unha persoa titular e a transmisión se faga

integramente a outra. En todo caso, segundo informa a Xunta, a persoa que adquira e reciba ditas parcelas quedará subrogada na posición do titular anterior, coas limitacións, deberes e obrigas que resulten do proceso.


Actualización das construcións ata o 16 de xuño

Así mesmo, os propietarios teñen dous meses de prazo para solicitar a actualización dos

elementos construtivos nos planos da parcelaria de Gonzar. Este prazo comeza o 17 de abril e remata o 16 de xuño de 2024. Ademais da solicitude, os propietarios deberán presentar a correspondente licenza municipal e o levantamento topográfico do perímetro da construción en formato dixital.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page