top of page

Os nenos e nenas que participan no campamento de Santiso desfrutan dunha xornada en Brocos

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Esta fin de semana celebrarase nesta parroquia agoladesa a proba de ski náutico

da Copa Galega de Ski


Laura Moure/Agolada

A parroquia agoladesa de Brocos é unha das máis visitadas nos últimos tempos. Este paraíso natural gusta a grandes e pequenos e o Agolada Clube Náutico está facendo unha gran labor para aproveitar todo o potencial do embalse de Portodemouros. Este luns a zona tivo unha visita moi especial: a dos nenos e nenas que participan no campamento do veciño municipio de Santiso, que desfrutaron da actividades lúdicas-deportivas que ofrece este clube.

Os nenos e nenas do campamento de Santiso en Brocos.

Son múltiples as iniciativas que se levan a cabo nesta paraxe. De feito, esta fin de semana, 7 e 8 de agosto, acollerá a proba de ski náutico da Copa Galega de Ski.


Mentres, o 28 deste mes terá lugar o Campionato Galego Inclusivo Fibralar de Motonáutica Adaptada a Deportistas con Discapacidade. Ademais, este día os interesados poderán obter a licenza de navegación e quedan as últimas prazas. As persoas que o desexen poden obter máis información a través dos teléfonos 625 242 884 ou 666 776 972.

0 comentarios

Komentarze


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page