top of page

Os nenos do campamento de Agolada sementaron tres plantas no maceteiro do recuncho da igualdade

Laura Moure/Agolada

O pasado venres o Concello de Agolada instalou “o recuncho da igualdade” no parque infantil da estrada de Lugo. Esta iniciativa foi promovida polo departamento de Servizos Sociais. E hoxe os nenos do campamento de Agolada tamén participaron neste espazo sementando tres plantas.

A través dunha subvención do Pacto de Estado, o Concello puido adquirir unha mesa

de picnic, un maceteiro e dúas papeleiras, que estas últimas se colocarán nos vindeiros

días. Ademais, colocouse un cartel no que se pode ler: "Neste concello respectamos a todas as persoas por igual. Di NO á violencia de xénero e a calquera tipo de violencia.

Xunt@s somos + fortes".

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Optouse por instalar este recuncho nun parque infantil para concienciar dende as idades máis temperás da importancia de respectarnos uns a outros, de que todos somos iguais e da necesidade de loitar contra calquera tipo de violencia. E tamén con este mesmo fin, Servizos Sociais decidiu facer partícipes aos cativos desta iniciativa. Xa o día anterior os monitores explicáronlles a importancia deste lema e hoxe procederon a plantar por grupos tres plantas. Agora toca coidalas e regalas e levar á práctica a igualdade e a loita contra calquera tipo de violencia.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page