top of page

Os Melidaos celebrarán o seu 25 aniversario no Día do San Roque en Melide

Laura Moure/Melide

O grupo de música tradicional Os Melidaos celebrará o seu 25 aniversario cun concerto extraordinario o vindeiro 16 de agosto de 2025 ás 20:00 horas no Centro Sociocultural Mingos de Pita de Melide.

ree

Este evento conmemorativo pretende ser unha auténtica festa da música tradicional e da cultura galega, reunindo sobre o escenario a grandes nomes do panorama tradicional e popular. Xunto a Os Melidaos, actuarán o histórico Coro Cántigas da Terra da Coruña, as recoñecidas Lagharteiras, a clarinetista Lucía Eiros, o cantautor Xosé Luís Rivas Cruz “Mini”, e o grupo de baile Fieitos e Papoulas pertencentes ao tecido asociativo de Bugallido, baixo a dirección artística este último de Carlos Xosé Vidal Chans.


Ao longo destes vinte e cinco anos, Os Melidaos consolidáronse como unha referencia na música tradicional galega, sendo recoñecidos co Premio Martín Códax da Música na categoría de música tradicional, co Premio Xavier Prado Lameiro 2025 outorgado pola Coral de Ruada de Ourense e, recentemente, coa Medalla de Ouro do Concello de Melide, máxima distinción institucional da vila.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Pero máis alá dos galardóns, o que define a filosofía de Os Melidaos é unha convicción fonda: na música tradicional, o que importa non é o intérprete senón o interpretado. A súa apostas non é polo lucimento individual senón pola trasmisión colectiva dun patrimonio inmaterial: a música tradicional, que consideran un verdadeiro tesouro que cómpre conservar, coidar e compartir coas novas xeracións.


Este concerto de aniversario será unha homenaxe ao seu percorrido artístico e ao compromiso coa riqueza do patrimonio cultural galego, e converterá o Auditorio Mingos de Pita nun espazo de celebración, memoria e identidade colectiva.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os Melidaos e o Concello de Melide convidan a toda a veciñanza e visitantes a participar nesta festa da música e das raíces que se enmarca dentro da programación das Festas de San Roque.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page