Os músicos Sergio Alba, de Monterroso, e David Taboada estrean o seu espectáculo 'Colección Romántica' o día 23 en Taboada
- Laura Moure
- 20 feb 2024
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Monterroso

Os músicos Sergio Alba, de Monterroso, (voz) e David Taboada (piano) poñen en marcha un espectáculo que baixo o nome de Colección Romántica, busca crear unha experiencia emocional co público inspirada pola música, a través dunha coidada selección de temas.
Ambos músicos, que contan cunha dilatada traxectoria na interpretación e na docencia musical, idearon este proxecto buscando a conexión co público nun formato intimista de voz e piano.
Publicidade
É unha coidada selección de temas pensada para crear unha experiencia emocional inspirada pola música. Unha viaxe máxica onde se mima cada canción para conectar co público a través de letras e melodías que farán fluír as emocións.
Publicidade
Colección Romántica estréase este 23 de febreiro no Patio Scala de Taboada, a partir das 19:30 horas. A duración do espectáculo, pensado para todos os públicos, é duns 80 minutos.
Publicidade
Os interesados poden obter máis información e reservar as entradas no seguinte enlace:
Comments