top of page

Os establecementos hostaleiros da zona vella de Melide organizan unha Ruta de Tapas

Será os días 3, 4, 5, 10, 11 e 12 de abril


Laura Moure/Melide

Os establecementos hostaleiros da zona vella de Melide únense para organizar “Saborea Melide”, unha ruta de tapas que encherá de gastronomía local estas rúas da localidade. As datas escollidas para dita iniciativa son os días 3, 4, 5, 10, 11 e 12 de abril. Cada tapa terá un prezo de 1,50 euros.

Nesta actividade, que conta coa colaboración do Concello de Melide, participarán 14 locais: Adega Mandil, Bar Liñares, Pensión Esquina, Café Bar Aquí Te Espero, Bar Cepa, Viñoteca A Bodeguilla, Viñoteca A Boa Viña, Gastroteca A Boa Vida, Bodeguilla Dúas Rúas, Galeón DX3, Cantina A Penúltima, Pensión Xaneiro, Viñoteca Nós, Kódex Gastrobar.


Durante as xornadas do “Saborea Melide”, a clientela terá oportunidade de realizar unha ruta de tapas na que terá que escoller as 3 mellores. As persoas que participen na votación terán en conta a elaboración, sabor, estética e emprego de produtos locais, entre outros factores, para escoller as mellores tapas. A clientela valorará con un, dous e tres puntos as súas elaboracións favoritas. Para poder votar é necesario cuñar a papeleta en mínimo 7 locais.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A maiores, para dinamizar esta iniciativa gastronómica, entre as persoas que cuñen a súa papeleta nos 14 establecementos participantes sortearanse 5 lotes “de produtos da terra”. Na papeleta só será necesario indicar o nome e o número de teléfono. O sorteo realizarase o vindeiro 15 de abril as 12 horas na Rúa das Ichoas.


“O Concello de Melide está encantado de apoiar todo tipo de iniciativas que teñan como finalidade promover e dinamizar a hostalería e comercio local, dado que é un dos obxectivos desta corporación. Animamos a toda a veciñanza da vila e arredores, así como

a visitantes que se acerquen a Melide nesta ruta de tapas para desfrutar da nosa mellor

gastronomía”, fai fincapé Xosé Igrexas, concelleiro de promoción económica do Concello

de Melide.




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page