Os dezás Javier Ramos e Álex Moure presentarán este mércores en Lalín o seu Peugeot 208 T16 R5
- Laura Moure

- 17 abr 2023
- 2 Min. de lectura
Participaron esta fin de semana no Rali Berberecho de Noia onde acadaron o 7° posto Xeral Scratch e o 3° Clasificado no Supercampionato R5
Laura Moure/Lalín
Javier Ramos e Álex Moure xa están preparados para o 27 Rali do Cocido. A parella dezá, integrante da Escudería Lalín-Deza, participou esta fin de semana no Rali Berberecho de Noia, onde acadou o 7° posto Xeral Scratch e 3° Clasificado no Supercampionato R5 (detrás de Alberto Meira-Avelino Martínez e de Paco Dorado-Andrea Lamas).
Co único obxetivo de rodar para ir axustando o Peugeot 208 T16 R5 ós treitos galegos (que habitualmente teñen asfalto máis rugoso e que tenden a presentar zonas sucias e húmidas). Javier e Álex comenzaron con cautela, para co paso dos quilómetros, poder ir axustando o setup do coche á situación real da carreira.

"Creo que fixemos un bo traballo ó longo de todo o día. Pese a pequenos contratempos cos freos pola mañá, co paso dos quilómetros fomos mellorando e collendo ritmo e confianza. Foi un bo test polo que no Rali do Cocido agardamos estar xa máis familiarizados co Peugeot", sinala Javier Ramos.
Rali da casa
O vindeiro mércores 19, a partires das 20:00 horas, Ramos e Moure presentarán o Peugeot 208 T16 R5 no Centro Comercial Pontiñas Gadis de Lalín.
"Dende o equipo, gustaríanos convidar a tódolos aficionados do motor da zona a que se acheguen para poder ver de cerca o Peugeot e coñecer un pouco máis da súa historia. Este Peugeot 208 T16 R5, é o chasis n° 38, que foi fabricado en 2016 por Peugeot Sport na súa sede en Francia. En 2016 e 2017, o coche estivo no equipo Oficial Peugeot Hungría, participando en 7 probas do Campionato do Mundo de Rallyes. En 2018, TCM Racing, de Portugal, adquiriu o coche co que Carlos Matos (no seu día un dos pilotos de referencia no país Luso) participou de forma esporádica en probas da zona centro do país veciño", explican.
O Peugeot co que Ramos-Moure participarán esta tempada, permanecerá exposto neste centro comercial dende o luns ata o mércores pola noite.







Comentarios