top of page

Os colectivos profesionais e sociais fundamentais na pandemia reciben as Medallas de Melide

30 jun 2022
1 min de lectura

Laura Moure/Melide

Melide celebra hoxe as festas de San Pedro con varias actividades e un especial recoñecemento para o persoal que traballou en primeira liña para minorar os efectos da pandemia de Covid. Deste xeito, as Medallas de Melide recoñecen na súa edición de 2022 a varios colectivos profesionais e sociais. A entrega de medallas realizouse nun acto institucional que tivo lugar ás 12 da mañá na Casa do Concello.



O Concello de Melide fixo pública unha declaración institucional con este motivo. A mesma foi asinada polos representantes de todos os grupos políticos representados no Concello.


A declaración sinala como galardoados polas medallas deste ano ao persoal sanitario da área sanitaria melidá, así como o persoal de coidados, axuda a domicilio e dependencia municipal e das residencias da terceira idade de Melide. Recoñece tamén o persoal de obras e servizos polos seus labores de desinfección de espazos públicos, así como as forzas e corpos de seguridade como a Policía Local, Protección Civil e mais a Garda Civil. As medallas premian tamén o traballo, recolle a declaración, do persoal docente e alumnado dos centros educativos, e das e os dependentes de supermercados, farmacias e comercios, así como perruquería, servizos funerarios, medios de comunicación, estancos e quioscos. Por último, resulta tamén galardoado o equipo técnico dos servizos sociais municipais.



O Concello recoñece a todos estes colectivos a súa entrega e especial exposición aos efectos da pandemia. Ante o elevado número de persoas recoñecidas, a imposición de medallas non se levou a cabo a título individual. Na entrada do Concello situouse unha medalla honorífica e unha placa coa relación de galardoados.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page