top of page

Os certificados de aforro enerxético no transporte de viaxeiros por estrada, na ExpoBus Iberia 2025

Esta cita celebrarase do 20 ao 22 de novembro na Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda


Laura Moure/Silleda

A IV Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia 2025, que se celebrará do 20 ao 22 de novembro na Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda conformará un atractivo espazo para a análise e a transferencia de coñecementos.

Proba diso será o seu interesante programa de conferencias, o cal incluirá o primeiro

día a xornada “Certificados de aforro enerxético (CAEs), aplicación no transporte de

viaxeiros por estrada”, organizado pola Asociación Nacional de Empresarios de

Transportes en Autocares (ANETRA).


Este encontro, que será inaugurado polo presidente desta asociación, Luis Ángel

Pedrero, comezará co relatorio de Emérito Freire, director do Departamento de

Coordinación de Eficiencia Enerxética no Sector Público do Instituto Enerxético de

Galicia (INEGA), quen explicará que son as CAEs.

ree

A continuación, desenvolverase unha mesa redonda sobre as fichas CAEs para

transporte, que será moderada por Raúl González, da plataforma Somos Movilidad e

contará coa participación de Ignacio Bendala, de MAN Truck & Bus; Juan Blanch, da

empresa tecnolóxica ZF; e David Montesinos, de Neumáticos Soledad. Unha vez rematada, presentarase o proxecto “ANETRA - Fichas CAEs para Transporte RUE”, de

man de Rodrigo López, head of Origination Energy Efficiency de STX.


A xornada será clausurada pola directora xeral de Transporte por Estrada e Ferrocarril

do Ministerio de Transporte e Mobilidade Sostible, Elena María Atance.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Os CAEs

Un Certificado de Aforro Enerxético é un documento que acredita que unha entidade conseguiu un novo aforro de enerxía final equivalente a 1 kWh, logo de realizar unha actuación de eficiencia enerxética. Desta forma, por cada kWh de aforro anual pódese

obter 1 CAE.


Conforma un instrumento que permite monetizar os aforros enerxéticos, recuperando parte do custo dos investimentos en eficiencia enerxética, xa que o usuario final pode recibir unha contraprestación se vende CAEs obtidos mediante o Sistema de CAE, no que interveñen o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, así como xestores autonómicos e verificadores independentes.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page