Os carteiros de Lalín continúan coas súas protestas
- ecosdacomarca
- hace 1 día
- 1 Min. de lectura
Reivindican as cobertura das prazas vacantes
Ecos da Comarca/Lalín
Onte celebrouse unha nova protesta diante da oficina de reparto de Correos en Lalín.
"Continuamos na loita pola cobertura das prazas vacantes que cada son máis despois das recentes xubilacións", sinalan os carteiros.

Publicidade
Publicidade
E indican que "por parte da empresa continuase na mesma deixadez e seguen ignorando os problemas que esta situación trae ó ser tan prolongada no tempo. Hai varios compañeiros e compañeiras en situación de IT por non verse capaces de asumir a carga de traballo que pretenden dende a xerencia".
Comments