top of page

Os carteiros de Lalín barrallan accións xudiciais "ante a presenza de irregularidades na contratación"

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Onte tiveron a última concentración deste ano aproveitando o día de feira


Laura Moure/Lalín

Os empregados de Correos de Lalín concentráronse onte unha vez máis neste último día de feira do ano para seguir en loita contra a precarización das súas condicións laborais. O pasado día 2 de decembro, os carteiros xunto cos representantes sindicais da CIG, reuníronse co alcalde de Lalín, Xosé Crespo, para remitir unha misiva a Pedro Saura, presidente de Correos. Nela, os carteiros fanlle chegar o seu malestar pola mala xestión que consideran que se está a facer desde a dirección en Santiago, ao manteren a intención de suprimir as catro prazas vacantes polas que levan loitando case un ano.


Neste mesmo sentido, quéixanse de que desde esta dirección da que dependen, non houbo mostras de entendemento nin interese pola situación desde o pasado mes de xuño. "Tanto é así que ningún dos responsables da zona se achegou pola unidade de reparto de Lalín nos últimos seis meses", sinalan.


Os carteiros entenden que Correos se atopa nun momento de transformación para se adaptar ás novas realidades do sector postal, mais denuncian que a empresa pretende aplicar procedementos de reparto que poidan ser válidos en zonas onde a poboación está máis concentrada, coma no caso das grandes áreas urbanas, onde o tempo entre entrega e entrega é máis reducido. Non obstante, no rural galego a poboación reside en núcleos que non sempre están próximos nin ben comunicados e os tempos de desprazamento no reparto non se están tendo en conta no modelo da empresa. Ademais, outro factor que tampouco se ten en consideración é o elevado grao de envellecemento da poboación no rural, que implica que os carteiros se teñan que deter máis tempo coa xente para proporcionar os servizos postais.

A consecuencia desta falta de xestión por parte de Correos ocasionou que, na presente semana, os carteiros tivesen que asumir o volume de traballo de 6 prazas que se atopan sen cobertura. Na actualidade cun cadro de persoal mermado polas condicións de traballo, no que actualmente hai xa 5 persoas de baixa na quenda de mañá e outras 3 na da tarde, comeza a haber zonas que quedan sen cobertura durante varios días.


"Debido ao nivel de estrés ao que está sometido o persoal, chegouse ao punto no que a pasada semana unha compañeira sufriu un accidente de tráfico no que a furgoneta que manexaba quedou sinistrada, mentres intentaba facer un sobreesforzo para chegar ao maior número posible de domicilios. Trátase do caso máis grave dunha serie de accidentes laborais que veñen acontecendo no último ano a raíz do empeoramento continuado das condicións de traballo", subliñan.


Por outra parte, indican que o persoal que está nas listas de contratación tamén se atopa nunha situación límite, "xa que ademais de observar como a contratación se volveu case inexistente, a pouca que se efectúa carece da transparencia esixida nun proceso de selección público e favorece sempre ás mesmas persoas. Neste punto, ante o malestar desta parte do persoal, non se descarta o inicio de accións xudiciais ante a presenza destas irregularidades na contratación en Lalín".


Publicidade  

Ademais, lembran que o pasado día 14 de decembro fíxose un ano desde a última asignación do concurso de traslados, "feito que pon de manifesto unha vez máis o incumprimento das cláusulas do Convenio Colectivo e que supón unha privación de dereitos para o persoal. Trátase dunha mostra máis do estancamento na xes;ón que se vén producindo en Correos nos últimos tempos".


A seguir, exponse a carta que os empregados da Unidade de Reparto de Lalín lle fixeron chegar ao presidente de Correos a través de Xosé Crespo:


Estimado Sr. Saura:

Los empleados de la Unidad de Distribución de Correos de Lalín (Pontevedra) nos dirigimos a usted en estas líneas con motivo de la falta de solución ante nuestras demandas a la empresa para que se cubran las vacantes existentes en nuestra unidad. En primer lugar, deseamos agradecerle su interés y las gestiones que nos consta que usted ha realizado con anterioridad a través del contacto con el alcalde de nuestra localidad, el Sr. Xosé Crespo Iglesias.


No obstante, han transcurrido ya once meses desde el inicio de nuestras reivindicaciones públicas para que Correos ofrezca una solución ante el continuo empeoramiento en nuestras condiciones laborales a causa de las cuatro vacantes asumidas y la falta de

cobertura de vacaciones, bajas, permisos y días de asuntos propios que sufrimos constantemente. Once meses en los que se han vivido situaciones límite que han

acentuado el cansancio físico y psicológico de los trabajadores hasta el punto de que en

la actualidad hay compañeros en situación de baja por esta causa.


Nuestra percepción es que nos encontramos en una profunda situación de abandono por parte de los responsables de zona, los cuales, en el citado período, no han mostrado su

voluntad de entendimiento con nosotros y por el contrario la única “solución” ofrecida

es una reestructuración que elimine las vacantes sobre el papel pero que mantenga la

desproporcionada carga de trabajo que venimos asumiendo desde hace tiempo. Una vez

más, no se está teniendo en cuenta la argumentación de nuestras reivindicaciones, que

radica en las especiales características que atingen nuestra zona. La unidad de reparto

de Lalín, abarca (en turno de mañana) el territorio de este ayuntamiento junto con los

de Agolada, Rodeiro y Dozón, cuya superficie se extiende por 703 km2 de entorno

preeminentemente rural en el que residen casi 28.000 personas. Además, en todo este

territorio, cubierto solamente con 19 efectivos en los contados momentos en los que se

encuentra la plantilla completa, deben tenerse en cuenta otros dos factores que inciden

directamente en el modo en el que se realiza el reparto: las largas distancias a recorrer

entre los cientos de núcleos de población por pistas rurales por las que continuamente

se desarrollan actividades agropecuarias y que en ocasiones no se encuentran el estado

deseable; y el elevado grado de envejecimiento de la población, que implica que los

carteros necesiten más tiempo para proporcionar un servicio ajustado a las necesidades

de nuestros vecinos y en concordancia con la calidad del servicio que ofrece Correos.


De igual modo, observamos con preocupación las dificultades de cumplir con lo

establecido en el Art. 24 de la Ley 43/2010 del Servicio Postal Universal, de los derechos

de los usuarios y del mercado postal, que contempla la distribución y entrega de los

envíos postales «todos los días laborables, de lunes a viernes». En muchísimas ocasiones

vemos como se acumula inevitablemente la carga de trabajo a pesar de nuestros

sobreesfuerzos, derivando en el incumplimiento de los plazos de calidad establecidos ya que resulta una utopía poder llegar de forma diaria a todos los puntos del reparto a los

que se debería.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por otra parte, otro síntoma percibido del abandono en el que nos encontramos es la

paralización desde hace casi un año del Concurso Permanente de Traslados, en el que

varias personas de esta unidad tienen depositadas sus esperanzas para pasar a

desempeñar otros puestos que les permitan mejorar sus condiciones de trabajo o

acercarse a sus lugares de residencia. A ello se suma la desatención de las peticiones de

conciliación, cuyos solicitantes ven con desesperación como Correos hace oídos sordos

u ofrece como alternativa un CPT que está paralizado.


Es por todo lo descrito que nos dirigimos a usted como máximo responsable de la mayor

empresa pública del Estado para intentar encontrar soluciones a una problemática

cronificada que no deseamos caiga en el olvido. Al igual que nosotros respondemos en

nuestro día a día con todos nuestros esfuerzos para ofrecer un servicio público que

sobrepase la altura de las expectativas, entendemos como justo que los estamentos

superiores de Correos nos escuchen y nos apoyen cuando aparecen trabas que

menoscaban nuestras condiciones laborales. Esperamos pues, con estas líneas, se tomen

cartas en el asunto y se ponga fin a una situación que se está volviendo insostenible.

Reciba un cordial saludo.

Atte. los carteros y carteras de Lalín.

0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page