top of page

Os Bombeiros liberan no Pino a un home que lle quedou unha perna atrapada baixo a roda dun tractor

Ecos da Comarca/O Pino

Esta mañá foi mobilizado o helicóptero do 061 ao concello do Pino debido a que un home quedoulle unha perna atrapada debaixo dunha roda dun tractor.

Tal e como informa o 112 Galicia, sucedeu no concello do Pino, na parte baixa dunha casa situada no lugar de Santo Antón. Ata alí acudiron os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Arzúa, para liberar ao varón.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o accidente produciuse ao moverse o vehículo agrícola no baixo da vivenda. Unha das rodas do tractor alcanzou ao home, que rematou cunha perna atrapada.

Nada máis recibir a alerta dos feitos, ao fío das 12:00 horas de hoxe, desde o 112 Galicia tamén se requiriu a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, co fin de auxiliar ao ferido.


Ademais, desprazáronse ata a vivenda os axentes da Garda Civil.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page