top of page

Os bombeiros de Arzúa auxilian ao condutor dun tráiler que sufríu unha saída de vía neste municipio

Ecos da Comarca/Arzúa

Esta mañá rexistrouse un accidente dun tráiler no municipio de Arzúa. O 112 Galicia foi alertado ás 10:38 horas.

O camión afectado. Autor: Bombeiros de Arzúa.

O condutor do tráiler que se saíu da vía tivo que ser auxiliado polos Bombeiros de Arzúa, para conseguir baixar do vehículo, ao rematar a cabina do camión sobre un talud, tal e como informa o 112 Galicia. O suceso ocorreu no punto quilométrico 60 da N-547. Posteriormente, o home foi atendido polo persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 debido ás feridas sufridas.

O accidente produciuse uns minutos despois das 10:30 horas. Foi nese momento cando o 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

A partir de aí, desde o 112 Galicia requiriuse a intervención dos Bombeiros de Arzúa, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e do servizo de mantemento da estrada.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page