top of page

Os Bombeiros de Arzúa rescatan a un home atrapado no seu coche tras caer por un terraplén en Melide

Ecos da Comarca/Melide

Os Bombeiros de Arzúa rescataron a un home atrapado nun vehículo tras caer por un terraplén. O aviso rexistrouse no 112 Galicia pouco antes das seis desta tarde e o accidente sucedeu no lugar da Andoriña (Folladela) en Melide.

O coche afectado. C.D.
O coche afectado. C.D.

Quen alertou do suceso foron familiares do ferido e urxían a chegada dos recursos de emerxencias debido a que o condutor presentaba un forte golpe na cabeza.


Ademais, estaba atrapado dentro do coche, que se saíu da vía e caeu por un terraplén con moita vexetación e de difícil acceso. Por iso, foi necesario avisar aos Bombeiros de Arzúa, que procederon a liberar o ferido. Para iso, tiveron que cortar o teito do vehículo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

 Cando estaba fóra do coche, recibiu asistencia por parte dos equipos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e foi evacuado ao Hospital de Santiago no helicóptero medicalizado desprazado ao lugar dos feitos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

No operativo tamén participaron os axentes da Garda Civil de Tráfico e voluntarios de Protección Civil de Melide.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page