A cita será o vindeiro sábado día 30 e as entradas poñeránse á venda o vindeiro mércores día 20 nas dependencias da EMUSI
Laura Moure/Silleda
O Concerto de Nadal organizado pola Banda de Música Municipal de Silleda volta á axenda cultural o vindeiro sábado día 30, co espectáculo Orquestra de malabares como protagonista. A cita, que terá lugar no pavillón 1 do recinto Semana Verde de Galicia, estará protagonizada pola la Banda de Música Municipal de Silleda e a compañía Pista Catro, que poñerán en escea un dos proxectos máis orixinais e suxerentes no ámbito
escénico do circo tanto en España como en Europa.
Música e circo fusionanse no escenario da man da compañía e os máis de 90 músicos
que conforman a banda silledense, baixo a dirección de Rafa Agulló. “É un espectáculo familiar para todas as idades, que xa rodou por moitos teatros do estado e do estranxeiro”, indicou o director da formación silledense que presentou este sábado o concerto xunto co presidente da Banda, Herminio Gómez, e a concelleira de Cultura, Mónica González.
Publicidade
Agulló destacou ademais as boas críticas do espectáculo na súa recente xira o pasado
mes de novembro por Sudamérica. “Xa levabamos uns anos con idea de traelo a Silleda, e por fin se deron as circunstancias para poder facelo”, indica o director. Orquestra de malabares é un espectáculo que pon en escea a 6 malabaristas e unha banda, un concerto onde os malabares se convirten en bailaríns dun ballet aéreo. Clarinetes, saxofóns e trompetas son os pintores dun cadro expresionista no que as bolas, mazas e aros debuxan no aire os sentimientos e emocións que transmiten as dúas artes.
Publicidade
A banda e os seus componentes, fóra da súa zona de confort, participan case como
actores nun espectáculo teatral tocando temas e estilos fóra do común. Estilos como o
funk, blues, pop, punk poñerán a nota a este espectáculo único “que será como en
anos anteriores a mellor antesala para despedir o ano e dar a benvida a 2024”, engade
Agulló quen anticipa que tamén participarán como en anos anteriores os alumnos e
alumnas da EMUSI así como outros artistas locais aportando un toque novidoso.
Dez e 12 euros
As entradas para asistir ao espectáculo poñeranse á venda ao público o vindeiro mércores día 20, cun prezo de 12 euros (10 euros para persoas socias). Poderán mercarse os días 20, 21 e 22, e os días 26, 27 e 28 nas instalacións da Escola de Música
de Silleda, en horario de 19:00 a 21:00 horas.
Publicidade
Dende a Banda de Música Municipal o seu presidente, Herminio Gómez, agradeceu a
colaboración da Anpa Musiquiños, o Concello de Silleda, a Fundación Semana Verde e
a Deputación de Pontevedra na celebración do concerto.
A concelleira de Cultura, Mónica González, tamén destacou a aposta da Banda de
Música Municipal de Silleda “que cada ano nos sorprende con espectáculos
innovadores e de primeiro nivel no concerto de Nadal” e animou ao público a asistir a
esta cita, que cumple xa 23 edicións.
Comments