Orixínase un incendio nunha casa do concello do Pino
- ecosdacomarca

- 27 may 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/O Pino

Tal e como informa o Gabinete de Comunicación do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña, os bombeiros do parque comarcal provincial de Arzúa foron alertados ás 23:33 horas de onte, domingo 26 de maio, dun incendio que afectou a un
fogar no lugar do Castro, na parroquia de San Miguel de Cerceda, no concello do Pino.
Publicidade
O lume ocasionouse no baixo do domicilio, tendo como foco inicial uns enseres alí gardados. A incidencia só ocasionou danos materiais e o operativo consistiu na extinción do lume e no arrefriamento da estancia.
Publicidade
No operativo tamén participou a Garda Civil.








Comentarios