top of page

Orixínase un incendio nun garaxe en Agolada

Ecos da Comarca/Agolada

Onte, domingo, orixinouse un incendio no concello de Agolada. O 112 Galicia foi avisado por un particular ás 17:11 horas.

foto
Foto de arquivo.

Publicidade

ANUNCIO
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O suceso ocorreu no lugar de Cartimil, na parroquia de Ventosa. "Tal e como nos indicou un particular orixinouse nun inmoble, nun garaxe dunha vivenda e dicía que se escoitaba explosións porque había combustible no seu interior", indica o 112.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Este deu aviso aos Bombeiros de Deza, aos GES de Lalín e á Garda Civil. "Ardeu un garaxe dunha casa que tiña un par de motos e diversa ferramenta e enseres. O teito colapsou case na súa totalidade", informan os Bombeiros de Deza.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page