top of page

Orixínase un incendio nunha finca do casco urbano de Melide

Ecos da Comarca/Melide

Os bombeiros do parque Provincial de Arzúa, foron alertados pasadas as 12:00 horas deste mediodía dun incendio que afectou a unha finca na rúa Inocencio Fuciños Quintás, no concello de Melide, tal e como informa o gabinete de prensa do Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Coruña.

O incendio en Melide. Autor: Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Coruña.
O incendio en Melide. Autor: Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Coruña.

"A finca na que durante a noite de onte se realizaron dúas lumaradas de San Xoán atópase anexa a vivendas, polo que para evitar a propagación do lume procedeuse á súa completa extinción e posterior arrefriamento para evitar reactivacións", sinala o gabinete de prensa do Consorcio.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Na incidencia arderon ao redor de dous mil metros cadrados de finca, non habendo que lamentar danos persoais.



Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Completaron o operativo a Garda Civil e a Policía Local de Melide.

1 comentario


XP
25 jun 2025

Era visto. Solicitouselle estes anos por parte duns veciños ao alcalde e ao tenente de alcalde que, se autorizaban lumes ao redor das casas, vixilaran as dimensións e puxeran a motobomba con xente do concello en previsión e negáronse e tomárono a broma. Esas autoridades temos.

Editado
Me gusta
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page