top of page

Bruno Hache, a mirada da noite melidense que queda para sempre

Faleceu o pasado sábado aos 37 anos


Laura Moure/Melide

Non é doado escribir estas liñas para despedir a Bruno Hache. Hai ausencias que pesan demasiado e palabras que nunca chegan para explicar o que se sente cando marcha alguén así. Bruno faleceu o pasado sábado aos 37 anos tras loitar contra o cancro, deixando un baleiro inmenso en todas as persoas que tivemos a sorte de cruzarnos no seu camiño.

El compartíu no seu Facebook esta foto con esta frase: "É sinxelo sorrir cun café na man", pero el sonría sempre.
El compartíu no seu Facebook esta foto con esta frase: "É sinxelo sorrir cun café na man", pero el sonría sempre.

Durante anos, foi unha presenza imprescindible na noite melidense, onde traballou como fotógrafo nun dos pubs da vila. Pero Bruno non só facía fotos: capturaba momentos irrepetibles, sorrisos sinceros, amizades que nacían entre luces e música. Sen sabelo, foi construíndo parte da memoria emocional de toda unha xeración.

 PUBLICIDADE

Máis recentemente, en Santiago de Compostela, atopara o seu lugar no sector do café, outro espazo onde seguir sendo el mesmo: próximo, alegre, sempre disposto a facer sentir ben aos demais. Porque se algo definía a Bruno era iso: a súa maneira de estar no mundo. Era unha desas persoas que che melloran o día só con estar, cun sorriso constante, cunha palabra agarimosa, cunha enerxía que contaxiaba vida. Unha verdadeira “persoa vitamina”.


A súa marcha deixa unha tristeza difícil de explicar en Melide e en Santiago, e en moitos outros lugares por onde pasou, pero tamén unha gratitude inmensa por todo o que deu. Porque Bruno non pasa: queda en cada lembranza, en cada foto, en cada noite compartida, en cada café servido con cariño.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Hai persoas que non deberían marchar nunca. E Bruno Hache é unha delas. Desas persoas que nunca se esquecen, porque, simplemente, nunca deixan de estar.


Ata sempre, Bruno!

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page