top of page

Onte á noite produciuse un atropelo no centro urbano de Melide

16 dic 2021
1 min de lectura

IsmaelRS/Melide Sobre as nove da noite, no 112 Galicia recibíase a chamada dun particular que solicitaba asistencia sanitaria para unha persoa que fora atropelada na Avenida de Lugo, en Melide.


Acudiron ademais dos servizos sanitarios de urxencia, os axentes da Policía Local e de Protección Civil da localidade. Tamén, os Bombeiros de Arzúa foron informados polo 112 Galicia.


Así, segundo a información recollida no 112 Galicia, a persoa foi trasladada nun primeiro momento ao Centro de Saúde da localidade e, posteriormente, derivada ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Foto Arquivo. Autor: Ecos da Comarca

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page