Observación astronómica das Perseidas con Eduardo Ojero Pascual en Piloño o día 12
- Laura Moure

- 10 ago
- 1 Min. de lectura
Esta iniciativa está organizada pola Asociación Garatuzas, coa colaboración do Concello
de Vila de Cruces
Laura Moure/Vila de Cruces

O vindeiro martes, 12 de agosto, ás 22:30 horas, terá lugar unha actividade de observación astronómica no antigo campo de fútbol de Piloño, centrada na coñecida choiva de meteoros das Perseidas, un dos fenómenos celestes máis destacados do verán. A sesión será dirixida por Eduardo Ojero Pascual, recoñecido astrónomo con ampla traxectoria na Axencia Espacial Europea (ESA), onde desenvolveu boa parte da súa carreira profesional. A súa participación permitirá aos asistentes achegarse á astronomía dun xeito didáctico, rigoroso e accesible, facilitando a comprensión deste fenómeno astronómico desde unha perspectiva científica.
A actividade é de balde e está recomendada para persoas maiores de 8 anos..Recoméndase acudir con manta e roupa de abrigo para garantir o confort durante a
observación nocturna.
Publicidade
Lémbrase que será imprescindible a puntualidade, dado que a entrada de vehículos con luces acesas unha vez comezada a actividade pode interferir negativamente na calidade da observación.
Publicidade
Esta iniciativa está organizada pola Asociación Garatuzas, coa colaboración do Concello
de Vila de Cruces, no marco das actividades de divulgación científica e posta en valor do
patrimonio natural e astronómico do territorio.








Comentarios