O youtuber Joe Burguerchallenge queda marabillado coa pizza de polbo de Melide
- Laura Moure
- 28 jul 2023
- 2 Min. de lectura
Realizou o Camiño de Santiago e fixo parada esta semana na localidade melidense para probar este manxar
Laura Moure/Melide
Nas comarcas podemos presumir de fermosas paraxes e por suposto, da mellor da gastronomía. Temos produtos de proximidade de gran calidade que fan uns pratos para chuparse os dedos! Esta semana un youtuber moi coñecido estivo en Melide para probar un gran manxar: a pizza de polbo (pulpo) da pizzería Atenas co pulpo da Pulpería A Garnacha. Falamos de Joe Burguerchallenge.
Joe Burguerchallenge é un youtuber de Valencia que ten sobre uns 120.000 seguidores en Facebook; 285.000 en Instagram e uns 390.000 en TikTok.
¡Vine a hacer el #caminodesantiago para poder comerme una pizza de pulpo en MELIDE! Gracias a los que me acompañaron en twitch para el trayecto de Palas de Rei a Melide que se me hizo eterno. Melide ya está solo a 50 km De Santiago", dixo o influencer nunha publicación do seu Instagram hai xa dous días.
Podedes ver o vídeo comendo a pizza en Melide no seguinte enlace:
Publicidade
O seu nome verdadeiro é Jorge González, ten 42 anos e decidiu deixar o seu traballo de inspector da Policía Nacional para lanzarse ás redes sociais e convertirse así en todo un experto, sobre todo na degustación de hamburguesas, e de facer distintos retos coa comida.
Pero aínda que os seus vídeos se basan practicamente en comer, el segue unha importante rutina de ximnasio para manterse en forma e coidar a súa saúde.

"Ya tengo mi Compostela y mi certificado de kilometraje: 713km en 10 días. La mitad andando y la mitad en bicicleta. Todavía no se como lo he conseguido. Me dijeron que no se podía pero a mi se me pasó por la cabeza y no hay quien me pare. Gracias a todos los que habéis sido testigos en directo en twitch. Ha sido increíble retransmitirlo. ¡Sobre todo la llegada! Y gracias a mi gente cercana que ha estado tan pendiente de mi. Tranquilos, no creo que lo repita", recalcou xa en Compostela.
Ademais, confesou que non chegou a perder ningún quilo!! 😂😂😂
Ah! E vós probastes a pizza de polbo? E a de Melide?
Comments