O XX Merzapercursión marca o ritmo esta semana en Vila de Cruces
- Laura Moure

- 15 jul 2025
- 2 Min. de lectura
Laura Moure/Vila de Cruces
O pasado domingo, 13 de xullo, arrancou o XX Merzapercursión que se desenvolverá ata o 17 deste mes na parroquia cruceña de Merza. Deste xeito, chega a vinte edición dun dos cursos máis lonxevos do panorama nacional.

Publicidade
Tal e como explican dende a organización, Merza Percusion está dirixido a rapazas e rapaces maiores de 10 anos (ou que vaian cumplilos neste 2025) que están dando os seus primeiros pasos na percusión tanto en escola de música, banda ou conservatorio; estudantes de grado profesional ou nivel intermedio que queiran expandir e complementar a súa formación e experimentar a percusión nas súas diferentes vertentes musicais e creativas e a alumnado de grao superior ou nivel avanzado que queiran complementar
a formación clásica aprendendo doutros estilos, técnicas e instrumentos.
Ao longo desta semana, hai clases grupais dun máximo de 12 alumnos/as agrupados/as segundo o curso/nivel. E cada xornada organízase do seguinte xeito:
4 sesións matinais pasando por diferentes áreas: aula clásico/contemporáneo, aula
corporal e reciclados, aula percusión africana e aula de folk.
Polas tardes: actividades complementarias como masterclases, concursos, andainas
e performances.Tamén disporán de tempo libre e actividade de lecer baixo a supervisión do equipo de monitores para o alumnado menor de idade.
Cada día finaliza cos concertos do FIP: o Festival Internacional de Percusión que
transcorre de forma paralela ó curso e ofrece a todas/os as/os participantes concertos diarios a cargo de grupos e proxectos que mostrarán a percusión en diferentes estilos.
Publicidade
Por último, o alumnado do curso participará no “Merza Reunion”: un concerto o último día de curso a modo de mostra do traballo realizado durante as catro xornadas de curso.








Comentarios