top of page

O VIII Open Internacional de Petanca Mixto “Suso Otero” reunirá na Bandeira a preto de 200 deportistas

A cita será este sábado, 5 de setembro

Laura Moure/Silleda

A Bandeira converterase este sábado nun dos grandes puntos de encontro da petanca a nivel estatal coa celebración do VIII Open Internacional de Petanca Mixto “Suso Otero”, organizado polo Club Petanca Bandeira coa colaboración do Concello de Silleda. A cita reunirá nesta edición a 59 equipos e 196 xogadores e xogadoras, todos eles con licenza federativa, procedentes de Galicia, Castela e León, Asturias, País Vasco e Valencia. Na representación da comarca do Deza, ademais dos equipos anfitrións da Bandeira, participarán tamén varias formacións de Lalín.

O torneo leva o nome de Suso Otero, en homenaxe a quen durante moitos anos foi presidente do Club Petanca Bandeira e unha figura especialmente vinculada ao desenvolvemento desta modalidade deportiva na localidade. A competición foi presentada no Concello coa participación de representantes do Club Petanca Bandeira, presidido por Xosé Casal, a concelleira de Deportes, Mónica González, e a concelleira de Educación, Ángela Troitiño.


Un dos 20 torneos Top*1 de España

O Open continúa ademais gañando peso dentro do calendario deportivo. Por terceiro ano consecutivo forma parte do Circuíto Petanca España, na categoría Top*1, e é un dos 20 únicos torneos autorizados que integran este circuíto organizado pola Federación Española de Petanca durante 2026.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Dende o Concello destácase “o enorme traballo que hai detrás dunha competición destas características e o compromiso dun club que leva décadas facendo da Bandeira un referente da petanca”. “Estamos falando dunha proba que atrae ata o noso municipio a case 200 deportistas de distintos puntos do Estado e que, ademais da súa dimensión

deportiva, ten tamén unha importante repercusión para a propia vila”, sinalou a concelleira que agradeceu ao club “a súa capacidade organizativa e a constancia coa que segue facendo medrar este Open edición tras edición”.


Competición durante toda a xornada

O campionato desenvolverase novamente na rúa Maceira Boa, xunto ao edificio Parchís e nas proximidades do CEIP Ramón de Valenzuela, nun terreo cedido por un particular e acondicionado polos integrantes do club coa colaboración do Concello de Silleda.


Por cuarto ano, e por cuestións organizativas e de espazo, o torneo celébrase nunha data diferente ao tradicional domingo das festas da Bandeira, unha fórmula que permite mellorar a organización e ampliar a participación.


As partidas disputaranse de 9:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas. As tres finais das categorías Principal, Principal B e Consolación A celebraranse a partir das 20:00 horas nas canchas do Club Petanca Bandeira, situadas xunto á praza da vila. A arbitraxe e a mesa de control correrán a cargo do Comité Nacional de Árbitros e da Federación Galega de Petanca.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Máis de 2.800 euros en premios

O VIII Open repartirá un total de 2.865 euros en premios. Doce equipos recibirán premios en metálico e outros catro serán agasallados con produtos locais. Ademais, os 48 xogadores e xogadoras que alcancen as semifinais nas diferentes categorías recibirán un trofeo individual.


Como detalle para os participantes, todos os equipos recibirán no momento da acreditación un “boliche” co logotipo do Club Petanca Bandeira. O Club Petanca Bandeira afronta esta nova edición despois de participardurante a tempada 2026 na Liga Xunta de Galicia, organizada pola Federación Galega de Petanca, na categoría de Primeira División, contando actualmente cun total de 30 xogadores federados.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page