O Ulla Fest de Touro: "Éxito rotundo e cun impacto positivo na hostalaría local"
- ecosdacomarca

- hace 9 minutos
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Touro

O Concello de Touro tildaba este domingo de "éxito rotundo e cun impacto positivo na hostalaría local" o festival Ulla Fest: Tempos de Entroido que organizou o ente local e que tivo lugar o pasado venres.
Publicidade
"O Ulla Fest pecha esta edición cun balance moi positivo, reunindo a varios centos de persoas chegadas de distintos puntos de Galicia nunha gran celebración da música urbana en galego, da cultura e do Entroido", destaca o Concello. A cita celebrouse na carpa situada no campo da festa de Fonte Díaz.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Con centos de miles de oíntes mensuais en Spotify e unha xira que percorre cidades como Oviedo, Barcelona, Valencia ou Madrid, Dirty Suc foi o cabeza de cartel desta edición. No seu repertorio non faltan colaboracións con artistas como Hard GZ, Alsafir ou 9louro. Xunto a el, o Ulla Fest 2026 contou con outros artistas como Willow GHZ, Lil Sam, MOVINFAST, DJ Capy, Kike Varela ou Lg1do, considerado o artista urbano revelación do que levamos de 2026, configurando unha programación diversa e actual.
Publicidade
"O festival consolídase como un dos principais eventos musicais do Entroido do Ulla en Touro e na contorna de Santiago, confirmando o éxito dunha proposta moderna, identitaria e cun forte respaldo do público. Dende a organización queremos agradecer a extraordinaria acollida e implicación de todas as persoas participantes. O Ulla Fest segue medrando… xa coa mirada posta na edición de 2027".








Comentarios