Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O UD Santiso FC busca xogadores para que o seu equipo cadete poida competir esta tempada

O prazo para logralo remata a vindeira semana e tamén hai vacantes para as categorías infantil e feminina


Laura Moure/Santiso

Saír a xogar ao campo é unha das grandes paixóns dos cadetes do UD Santiso FC. Cada día dan o mellor de si nos adestramentos e xa están desexando enfrontarse aos seus rivais. Sen embargo, isto pode ser imposible de non acadar o equipo o mínimo esixido de xogadores para poder competir esta tempada.


"O equipo é de cadetes de fúbtol 11 e como mínimo moi mínimo debería haber 16 nenos aínda que para ter a tempada máis ou menos normal terían que ser 18 ou 19, aínda que poderían ser máis", explica o presidente do clube, Javi Gómez. "E incluso, podemos meter dez nenos infantís", engade.


Cabe mencionar que os cadetes son os nados nos anos 2006 e 2007 e os infantís, no 2008 e 2009.


Neste momento, teñen 13 xogadores na categoría cadete e tres que aínda son dúbida, polo tanto, úrxelles que se animen máis rapaces, porque o prazo para poder chegar a competir remata a vindeira semana. Os adestramentos, en principio, están sendo os mércores e venres de 19:30 a 21:00 horas.


Ademais, Gómez lembra que tamén teñen equipo feminino e quen desexe aínda se pode sumar. Neste caso, está composto por rapazas a partir dos 12 anos cumpridos.


Os interesados poden anotarse ou obter máis información nos seguintes teléfonos 647 250 116 (Javi) ou 699 606 470 (Miki).


Prégase difusión porque especialmente para os xogadores é moi importante poder alcanzar o número esixido para poder demostrar a súa valía no terreo de xogo.

O campo de fúbtol de Santiso.



460 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE