O TSXG confirma 2 anos de prisión para un panadeiro de Lalín por agresión sexual
- ecosdacomarca

- hace 1 hora
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena ditada pola Audiencia Provincial de Pontevedra a un panadeiro de Lalín por un delito de agresión sexual contra unha traballadora do seu local. O TSXG desestimou o recurso de apelación do condenado e confirma a pena de 2 anos de prisión.

Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Considera que o acusado se aproveitou da súa posición como empregador para realizar tocamentos de carácter sexual á vítima na contorna laboral sen o seu consentimento.
Os feitos remóntanse ao ano 2024. En concreto, a vítima fora contratada o 24 de abril dese ano.
Publicidade
O fallo do tribunal mantén a pena de dous anos de prisión. Tamén mantén a prohibición de aproximarse ou comunicarse coa vítima durante tres anos, a inhabilitación especial durante sete anos para calquera actividade con contacto regular con menores, así como unha medida de liberdade vixiada por cinco anos tras o cumprimento da pena de prisión, ademais do pago dunha indemnización de 2.000 euros por danos morais.
Publicidade
Contra a sentenza do alto tribunal galego cabe interpoñer recurso de casación ante a Sala Segunda do Tribunal Supremo.








Comentarios