O tributo a Sabina de “Conductores Suicidas”chega en setembro a Silleda
- Laura Moure
- 3 ago 2024
- 1 Min. de lectura
A cita ca xira será o venres 27 de setembro no auditorio da Semana Verde
Laura Moure/Silleda
A banda tributo a Sabina “Conductores Suicidas” actuará en Silleda o vindeiro venres 27 de setembro. Un total de 8 músicos subirán ao escenario do auditorio da Semana Verde para homenaxear as cancións de Sabina nun dos espectáculos considerados máis fieis e respetuosos ca obra do artista.

Ca voz de Roberto Ramos, cun parecido incrible á de Sabina, a banda que toma o nome dunha das súas cancións é un fiel reflexo dos directos do Maestro, cun percorrido pola súa traxectoria, dende a etapa en Viceversa ata a actualidade. Temas míticos como Princesa, 19 días y 500 Noches, Pongamos que hablo de Madrid, Juana la Loca, ou Conductores Suicidas, entre outros moitos, forman parte do repertorio da Banda, que actuará ás 21:30 horas.
Publicidade
As entradas, a un prezo de 16 euros, poden xa adquirirse a través de Ataquilla.com.
Publicidade
Conductores Suicidas Tributo a Sabina percorreu no ultimo ano auditorios, teatros… por todo o país colleitando un grande éxito. Durante máis de dúas horas de actuación, o publico poderá escoitar dende inesquecibles baladas acústicas de Sabina ata os seus inconfundibles temas de rock.
Kommentare