O Torneo Alevín de Fútbol 7 Galo Cup, promovido pola SD Cruces, celebra este ano a súa edición número 16
É unha cita deportiva que atrae á comarca de Deza ás mellores canteiras de Galicia e Portugal
Laura Moure/Vila de Cruces
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recoñece a achega de eventos como o Galo Cup, o torneo de fútbol base de categoría alevín que reúne en Vila de Cruces ás mellores canteiras de Galicia e Portugal, para seguir construíndo a provincia do deporte.

Na presentación do campionato, o mandatario provincial puxo en valor o labor tanto da SD Cruces como do Concello para demostrar a capacidade organizativa e profesionalidade á hora de acoller eventos de interese xeral no interior da provincia, como a traxectoria dunha cita que xa é un clásico no calendario do fútbol base galego. “A Galo Cup xa é un evento de referencia no calendario do fútbol base desta provincia, que todo o mundo a coñece como: a provincia do deporte”, afirmou López nun acto celebrado no campo de fútbol do Camballón no que tamén participou o alcalde Luis Taboada e o presidente da SD Cruces, Daniel Roibás.
O Torneo Alevín de Fútbol 7 Galo Cup, promovido pola SD Cruces, celebra este ano a súa edición número 16. Trátase dun evento no que participan 20 das mellores canteiras de Galicia e Portugal, entre as que sobresaen o RC Celta, o RC Deportivo o SC Braga ou o Sporting de Portugal.
PUBLICIDADE
O día 19 de setembro botará a rodar o balón dun campionato que porá sobre Vila de Cruces todos os ollos do fútbol base de Galicia. “Este torneo fai soñar a rapazada con acadar o seu soño de ser futbolistas, permite estreitar lazos de amizade e deportividade e crea recordos inesquecibles. Ademais a capacidade da SD Cruces, do Concello de Vila de Cruces e de todo o conxunto da provincia que organizar con profesionalidade eventos ambiciosos e de categoría internacional”, afirmou López, sobre un campionato que conta co apoio do organismo provincial.
Por outro lado, o presidente provincial lembrou a aprobación o pasado venres da cuarta edición do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, unha nova inxección de 8M€ nos concellos da provincia, dos que Vila de Cruces recibirá euros 106.000€; para que a provincia de Pontevedra siga a ser referencia en número e calidade de equipamentos deportivos públicos. De feito, nestas catro convocatorias, a pegada da Deputación en infraestruturas deportivas ascende a 28M€, dos que Vila de Cruces ten recibido máis de 365.000€.
PUBLICIDADE
Despois de recoñecer o labor de entidades como o SD Cruces tanto na organización deste tipo de eventos como no fomento do deporte de base, o presidente convidou a todo o mundo a que se achegue a vindeira fin de semana a Vila de Cruces para desfrutar do fútbol e da provincia do deporte.









Comentarios