O tecido asociativo de Arzúa acode á reunión do Concello para coñecer a nova liña de subvencións
- Laura Moure

- 26 jul 2025
- 2 Min. de lectura
Laura Moure/Arzúa
Máis de 30 representantes das entidades sen ánimo de lucro participaron na xuntanza, celebrada esta semna na antiga Casa de Correos de Arzúa, para coñecer de primeira man as novidades nas bases e o novo enfoque da convocatoria.

O pasado martes tivo lugar na antiga Casa de Correos unha reunión clave entre o Concello de Arzúa e o seu tecido asociativo. A convocatoria, dirixida a entidades sen ánimo de lucro do municipio, tiña como obxectivo explicar os detalles da nova liña de subvencións municipais e aclarar as dúbidas arredor do proceso.
Ao encontro asistiron o alcalde, Xoán Xesús Carril, e o concelleiro de Xuventude, Daniel Moscoso, que aproveitaron a ocasión para informar sobre os cambios introducidos na convocatoria deste ano. Entre as novidades destacan o incremento orzamentario e a aposta por un reparto máis equitativo, así como a posibilidade de xustificar actividades realizadas ao longo de 2024.
Publicidade
Durante a sesión, o goberno local tamén quixo render contas polo feito de non ter convocado a liña de subvencións antes, ofrecendo explicacións e reiterando as desculpas ao tecido asociativo.
Desde o Concello agradecen a boa acollida da reunión e a alta participación —con máis de 30 persoas asistentes—, o que consideran unha mostra da vitalidade e compromiso dun sector fundamental para a vida social, cultural e educativa do municipio.
Publicidade
O alcalde Xoán Xesús Carril destacou ao peche do acto: “Queremos que Arzúa sexa un concello que coida, acompaña e apoia as súas asociacións. Porque detrás de cada proxecto hai tempo voluntario, esforzo colectivo e un compromiso co ben común que queremos recoñecer e fortalecer.”








Comentarios