top of page

O sorteo da Bonoloto deixa un premio de 100.000 euros en Arzúa

14 dic 2021
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Arzúa

No sorteo da Bonoloto deste luns a sorte foi parar á localidade de Arzúa, concretamente á administración Nº 1 O rei Midas, sita na rúa Santiago, número 10. O afortunado que teña o boleto acertante de segunda categoría que adquiriu aquí recibirá a suma de 100.000 euros. A combinación gañadora correspondeu aos números 03 05 29 30 45 46, sendo o complementario o número 38 mentres que o reintegro é o 7.


Con 6 acertos non houbo acertantes, con 5 acertos e o complementario, 2 apostas levan a cantidade de 100.281, con 5 acertos hai 78 apostas que levan a cantidade de 1.285 euros, 4.641 apostas teñen 4 acertos e totalizan 34 euros, as de 3 acertos son 89.477 e levan 4 euros. Por último, levan un reintegro de 0,50 euros as 529.359 obsequiadas co reintegro. A recadación foi de 265.241.450 euros, o total de apostas xogadas 5.304.829, o importe entregado en premios 145.882.798 euros e o total de apostas premiadas 623.557.

Cabe mencionar que esta administración de lotería de Arzúa xa repartiu varios premios:

  • Premio de 14 acertos da Quiniela do 20 de outubro de 2021

  • Premio de 14 acertos da Quiniela do 8 de xullo de 2020

  • Primeiro Premio da Primitiva do 17 de outubro de 2019

  • Primeiro Premio de Lotería Nacional do sorteo do xoves do 22 de agosto de 2019

  • Primeiro Premio de Lotería Nacional do sábado 5 de novembre de 2016



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page