top of page

O SLG pide investigar de oficio a relación de Cobre San Rafael coa moción de censura en Touro

A Asociación Sociocultural Aldea Viva desmárcase da moción e critica a Darío Rey


Ecos da Comarca/Touro

O Sindicato Labrego Galego (SLG) demanda investigar de oficio a relación da empresa Cobre San Rafael coa moción de censura de Touro. "Dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas levamos anos xa ao carón da veciñanza de Touro, apoiando á Plataforma contra a Mina de Touro-O Pino e loitando, de cheo, contra a reapertura da mina que a empresa Cobre San Rafael pretende reabrir no Concello de Touro (A Coruña). E agora, en 2025, volvemos alzar a voz na defensa da nosa terra. Estes días soubemos que o Partido Popular, defensor do proxecto mineiro de Touro, accederá á alcaldía do municipio co popular Jesús Reboredo, grazas á moción de censura presentada xunto ao concelleiro non adscrito Darío Rey".


En palabras de Margarida Prieto Ledo, responsable da Loita contra o Acaparamento de Terras no SLG-CCLL: “Resulta sorprendente e custa crer que este acordo se leve adiante coñecendo o pasado destas persoas e dos tramados de corruptela que ten o PP nestes temas”, denuncia. Por isto, “dende a nosa organización, solicitamos que se investigue de oficio a relación da empresa Cobre San Rafael coa moción de censura en Touro para saber o que realmente se agocha detrás desta e da posíbel eliminación do apoio e da colaboración que nestes últimos tempos se estaba dando á veciñanza por parte do actual goberno municipal”, engade.

ree

Lembra que "O proxecto de reapertura da mina de Touro foi denegado en 2020 polas graves afeccións aos recursos hídricos, eses que para a autoridade mineira contan só para o servizo da mercantil, e non da poboación. Dende o Sindicato Labrego Galego, como xa o fixemos dende hai oito anos, imos situarnos ao carón da veciñanza de Touro e amosamos a nosa total oposición a calquera tentativa vinculada coa reapertura da mina".

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Non vemos que o PP amose unha postura clara contra a mina, non se trata só de acceder á alcaldía, senón que debe facer un pronunciamento público explicando as razóns que o levan a situarse contra o proxecto mineiro”, sentencia Prieto Ledo.


Por outra banda, a Asociación Aldea Viva enviou o seguinte comunicado en relación á moción de censura:


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"A asociación sociocultural e medioambiental Aldea Viva, en referencia a moción de censura no concello de Touro, apoiada polo concelleiro Darío Rey Suárez baseandose na problemática da contaminación ambiental causada pola mina de Touro, manifesta que:


Esta asociación, iniciadora de algúns dos procesos xudiciais aos que fai referencia o dito concelleiro, non entende tan repentino interese. Cando no seu día, se tivo que recurrir a axudas dos veciños e veciñas para reunir a cuantía das fianzas, a contribución deste concelleiro foi de CERO euros, a pesar de ter coñecemento delo.


Así mesmo, opoñémonos rotundamente a que calquer organismo público, neste caso o concello de Touro, se persoe como acusación particular, en causas xudiciais non iniciadas por eles. Inda menos, e neste caso, unha administración gobernada por un partido que manifestou en reiteradas ocasións o seu posicionamento con respecto a problematica medioambiental causada pola mina de Touro, e as súas posibles “solucións”.


Consideramos quea solución á problemática medioambientalcreada pola mina de Touro,non está na creación dunha Comisión Ambiental sen capacidade resolutoria, nin nosposibles intereses particulares, se non na loita colectiva da veciñanza".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page