top of page

O Servizo de Axuda no Fogar (SAF ) de Silleda deu 11 novas altas dende o pasado mes de abril

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Tamén se realizaron ampliacións de horas a persoas usuarias que xa estaban a ser atendidas por este servizo, que se municipalizou hai dous meses


Laura Moure/Silleda

O Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do Concello de Silleda vén de dar 11 novas altas dende o pasado mes de abril, data na que ademais se municipalizou este servizo básico que depende do departamento de Benestar Social. Destas novas altas, a maior parte delas corresponden a persoas cunha dependencia de grao 3, que se corresponden cos casos máis graves.

Ademais das novas altas, tamén se procedeu a realizar un total de cinco ampliacións de horas a persoas que xa estaban dadas de alta no servizo. Todas estas novas incorporacións e e ampliacións realizáronse seguindo a lista de agarda nun servizo que a día de hoxe conta cun total de 78 persoas usuarias.


Dende o Concello de Silleda, a responsable de Benestar, Ángela Troitiño, explica que o servizo se está a estabilizar despois do proceso de subrogación da plantilla, “un proceso laborioso que durou varios meses e que remataba o pasado mes de abril ca municipalización do servizo”, engade. Así mesmo, a concelleira tamén agradece a colaboración amosada pola plantilla, xa que dende o Concello de Silleda xa se solvetou toda a débeda que a empresa concesaria tiña co personal.

Preme na imaxe se quere contactar connosco!

O Servizo de Axuda no Fogar (SAF) é unha prestación básica dos Servizos Sociais Comunitarios que presta un conxunto de atencións a persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu medio habitual. Entre os seus obxectivos está mellorar a calidade de vida das persoas usuarias, favorecer a súa autonomía personal no propio fogar, ou previr a situación de dependencia ou exclusión social, entre outros.

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page