top of page

San Pedro é o patrón de 33 parroquias da comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa


Laura Moure/Xeral

Hoxe, como cada 29 de xuño, celébrase a festividade de San Pedro e San Pablo. En moitos lugares de Galicia, San Pedro é o patrón de distintas parroquias. E en concreto, nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa dase o caso en 33 delas. Ademais, en varias localidades, como Agolada, Melide, Sobrado dos Monxes ou O Pino hoxe é festivo local.


Pero quen foi San Pedro?

O nome de Pedro procede do término latín Petrus que significa pedra. Na relixión católica Pedro foi o primeiro Papa xa que recibiu a suprema potestade pontificia do mesmo Xesucristo e o ministerio Petrino asegura os cementos que garantizan a indefectibilidade da Igrexa no tempo e nas tormentas. Ademais, foi o primeiro apóstolo que recoñeceu que Xesús era o Mesías, o Redentor, e renunciou a súa vida de pescador para achegar aos demais a Jesús, converténdose así no "pescador de homes". San Pedro morreu crucificado en Roma durante o reinado do emperador Nerón cara o ano 67, pero fíxoo coa cabeza cara abaixo, porque el non se consideraba digno de morrer na mesma forma do seu Señor.

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Volvendo as comarcas detallaremos en que parroquias San Pedro é o seu defensor, amparador... e en definitiva, o santo elixido como protector desa congregación relixiosa.


COMARCA DE ARZÚA:

  • ARZÚA: Lema, Mella, Villantime e Viñós.

  • BOIMORTO: Brates, Cardeiro e Corneda.

  • O PINO: En ningunha.

  • TOURO: Ribeira.

A igrexa da Baíña, Agolada, onde San Pedro é o patrón. Autor: Ecos da Comarca.

COMARCA DE DEZA:

  • AGOLADA: A Baíña, Carmoega, Ferreiroa e Merlín.

  • DOZÓN: En ningunha.

  • LALÍN: Doade.

  • SILLEDA: Ansemil.

  • RODEIRO: Ningunha.

  • VILA DE CRUCES: Añobre, Cumeiro, Losón e Salgueiros.


COMARCA TERRA DE MELIDE

  • MELIDE: Folladela, Maceda, Melide e Meire.

  • SANTISO: Belmil e San Román.

  • SOBRADO DOS MONXES: Porta.

  • TOQUES: Ningunha.

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

COMARCA DA ULLOA

  • ANTAS DE ULLA: Queixeiro.

  • MONTERROSO: Frameán, Milleirós e Vilanova.

  • PALAS DE REI: Meixide, Pambre, Salaia e Villareda.

Preme na imaxe para contactar connosco.

Cabe mencionar que ao longo desta xornada festiva, ademais de misas, distintas formacións marcarán o ritmo e por suposto, non faltarán as comidas entre familiares e amigos. Ademais, aínda que nalgunhas parroquias San Pedro non sexa o patrón, si que é celebrado. A modo de exemplo, no Mosteiro de San Pedro de Vilanova en Dozón houbo hoxe misas.


Que teñades un feliz día de San Pedro e San Pablo!!

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page