top of page

O ruxir de motores volve esta fin de semana á Feira Internacional de Galicia ABANCA co Motor Show 2025

Estará conformada por centos de vehículos de competición, de rally e clásicos que os seus propietarios exhiben para que o público poida desfrutar deles


Laura Moure/Silleda

Motor Show Galicia 2025, organizado por Sac Events, volve á Feira Internacional de Galicia ABANCA esta fin de semana. Na que será a súa cuarta edición, un dos pavillóns principais e tamén unha zona exterior do recinto feiral acollerán a exposición desta cita. Estará conformada por centos de vehículos de competición, de rally e clásicos que os seus propietarios exhiben para que o público poida desfrutar deles. Destacará a gran cantidade de coches exclusivos e vehículos totalmente personalizados. Ademais, tamén haberá á venda equipamento e accesorios.

ree

Drift, show rally e stunt

Á exposición de Motor Show Galicia 2025 engádese un espectacular programa de actividades. Este incluirá un gran número de exhibicións de drift (condución controlando o vehículo en estado de sobreviraxe) tanto diúrnas como nocturnas, de preto dunha vintena de pilotos, como Marc Blanco, Sergio Casallo, Santi Landín, Sito González, Adrián Cabanillas, Ismael Denis, Luis Ogando, Carlos Gutiérrez, Martín Nós, Marcos Miguélez, os pilotos de HMC Competición, José Alonso, Xoel Val, Eberto Piriz ou Yanibel Díaz, a única muller que compite en categoría Semipro.


Sumaranse espectáculos de stunt (acrobacias sobre motos) e diversos sorteos, entre eles de copilotaxes con condutores profesionais e dun BMW E-46 330Cl.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O Motor Show Galicia comezará hoxe, sábado ás 11:45 horas con adestramentos libres de drift, arrincando as exhibicións ás 15:30 horas. Ás 17:00 horas será o momento do stunt, para seguir ás 17:35 horas cun Show Rally. Ás 20:00 horas volverá o stunt e ás 20:35 horas

comezará o drift nocturno.


O domingo, o evento arrincará á mesma hora cos adestramentos libres de drift, aínda que as seguintes actividades, ata o Show Rally, adiantaranse media hora respecto ao sábado. Posteriormente o stunt será ás 19:50 horas e o drift nocturno ás 20:25 horas. A cita rematará co sorteo do BMW e entrega de premios ás 21:30 horas.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Toda a información pode coñecerse con detalle nas contas de Motor Show Galicia nas redes sociais Facebook e Instagram.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page