top of page

O roteiro cultural de Garatuzas de Piloño en homenaxe a Neira Vilas esgota as súas prazas

O xoves tivo lugar unha charla familiar


Laura Moure/Vila de Cruces

A Asociación Garatuzas de Piloño (Vila de Cruces) iniciou con gran éxito a súa programación de actividades desta semana, unha iniciativa coa que busca combinar a formación familiar coa posta en valor do patrimonio e o legado de Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda. A primeira destas citas tivo lugar este mesmo xoves pola tarde nas Escolas

Vellas de Piloño, onde se impartiu a charla gratuíta "Educación sexual nas familias" en colaboración co servizo Quérote+.


Este encontro formativo resultou altamente proveitoso para os asistentes, ofrecendo ferramentas clave e un espazo dinámico de aprendizaxe para a contorna do fogar.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Tras esta boa acollida, a programación continuará mañá, domingo 24 de maio, co roteiro cultural "Tras a pegada de Pepe e Anisia", cuxo punto de encontro será a Casa do Romano, sede da Fundación Neira Vilas. Da man de María Luz Barreiro Otero, os participantes percorrerán lugares emblemáticos da vida do escritor cruceño como a escola, o serradoiro de Pardo, a ponte románica e a Capela do Carme.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A xornada finalizará nas Insuas de Gres coa actuación da Unión Musical de Ponte Ledesma e un picnic de convivencia polo que se abonou un prezo de 5 euros por persoa. Esta última actividade foi un rotundo éxito de convocatoria, posto que a asociación xa pechou oficialmente as inscricións cun total de 45 persoas apuntadas para o roteiro.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page