O Restaurante Casa Sánchez gaña o primeiro premio do Concurso de Tapas de Outono 2025 de Rodeiro
- Laura Moure

- hace 8 minutos
- 2 Min. de lectura
No segundo posto quedou o Gastrobar Desito e no terceiro, Casa Achacán
Laura Moure/Rodeiro
Alberte Lamazares, tenente de alcalde de Rodeiro, e Xulia Dacal, concelleira de Cultura, fixeron entrega dos diplomas acreditativos aos gañadores do Concurso de Tapas de Outono 2025, unha iniciativa que volveu contar cunha ampla participación do público, encargado de valorar as diferentes propostas gastronómicas.

Segundo as votacións realizadas, os tres primeiros premios recaeron en:
1º premio: Restaurante Casa Sánchez, coa tapa Xeración X
2º premio: Gastrobar Desito, coa proposta Outono inxectado
3º premio: Casa Achacán, coa tapa Estrela de outono
Publicidade
Desde a organización destacouse unha vez máis o alto nivel da hostalaría de Rodeiro, que ano tras ano demostra a súa calidade, creatividade e compromiso coa gastronomía local.
Os establecementos premiados recibiron agasallos da Aedeza, entregados por Chus García, así como a exención das cotas de asociados durante un ano, seis meses e tres meses, respectivamente.
Durante o acto tamén se realizou o sorteo dos premios dirixidos ao público participante, grazas á colaboración das empresas patrocinadoras. Entre eles, unha cea para dúas persoas nun restaurante do concello, xentileza de COGAL, que correspondeu a Paula Diéguez Salgado, e varios lotes de produtos doados por Disanfa, Disaga Distribucións e Daveiga, que foron para: María Feijoo González, José Areán Diéguez, Noelia Daparte Míguez, Iria Quintana Sánchez, Javier Vence Carral e Rocío Fernández Lois.
Publicidade
A organización quixo agradecer tanto a implicación dos establecementos participantes como a resposta do público e das entidades colaboradoras, que fan posible a celebración e consolidación deste concurso. "Noraboa a todas e todos os premiados", sinala.








Comentarios