top of page

O PSOE reclámalle á Xunta que constrúa a depuradora do Pino que ten paralizada dende hai catro anos

A socialista Noa Díaz urxe a iniciar o proxecto asinado en 2018 e paralizado polo goberno galego dende entón para garantir a súa execución no ano 2023


Ecos da Comarca/O Pino

A parlamentaria socialista Noa Díaz vén de presentar unha iniciativa parlamentaria para reclamarlle á Xunta que desbloquee o proxecto de construción dunha Estación Depuradora de Augas Residuais -Edar- no concello de O Pino, asinado en 2018 pero adiado dende entón polo goberno galego. A responsable socialista esíxelle á Xunta que garanta a execución do proxecto no ano 2023.

Díaz lembra que a actuación prevista “deberá ser unha obra prioritaria para o Goberno galego” por canto o concello de O Pino “non conta con ningunha instalación de depuración de augas residuais, co prexuízo que supón para a súa poboación e para a súa contorna natural”. Puntualiza que “non se explica tanta dilación nun proxecto comprometido oficialmente hai catro anos”.

Critica a “ineficacia” amosada polo Executivo autonómico “nunha infraestrutura imprescindible para un concello situado no Camiño de Santiago, que atende cada ano a milleiros de visitantes, que hai que lle sumar á súa poboación natural”. Advirte que o adiamento “non parece ter unha explicación razoable que non sexa a de agardar polo financiamento extraordinario con fondos europeos consecuencia da crise da Covid 19.


A parlamentaria socialista explica que a obra, que “nun principio ía ser sufragada por Augas de Galicia”, neste momento “vai ser financiada na súa totalidade no marco do Eixo REACT – UE do Programa Operativo Feder Galicia 2014 – 2020.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page