top of page

O PSOE do Pino solicita unha reunión co alcalde para tratar o Plan de Obras e Servizos da Deputación

Ecos da Comarca/O Pino

O Grupo Municipal Socialista do Pino vén de solicitar por rexistro unha reunión co alcalde co obxecto de coñecer, antes do Pleno, as obras que presentará o equipo de goberno, e se é posible, que este, acepte algún dos proxectos que propoña a oposición. Proxectos e obras que irán con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña anualidade 2022 (POS+2022).

O Concello de O Pino conta cunha asignación inicial de 457.570 euros, dos cales 83.256 euros terán que ir destinados a gastos sociais.


O prazo para a presentación de solicitudes iniciouse o luns 13 de decembro de 2021 e remata o venres 11 de febreiro de 2022.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page