top of page

O PSOE do Pino solicita un novo prazo de inscrición para as escolas de verán

Critica "a escasa marxe de tempo que facilitou o Concello para as inscricións, tan só 10 días, e a pouca información facilitada á veciñanza"


Ecos da Comarca/O Pino

O Grupo Municipal Socialista de O Pino vén de solicitar ao alcalde un novo período de inscricións para as escolas de verán 2021. Afirman que moitas das familias interesadas, neste programa de conciliación, "nin se decataron da nova debido á pouca publicidade que se lle dou a este servizo, e ao escaso marxe de tempo facilitado para as inscricións".

Na solicitude demandan que non se limiten as prazas. “Se a intención é prestar un servizo ás familias para que poidan conciliar, non podemos comezar xa poñendo límites nas prazas e haberá que organizar os grupos que sexan necesarios”, afirman desde o PSOE local.


Tamén critican "a escasa marxe de tempo que se lle concede as familias para que abonen a taxa correspondente a este servizo. Tan só tres días, é unha mágoa que esa dilixencia que esixe o alcalde á veciñanza á hora de pagar as taxas non a practique o Concello cando lle toca abonar as poucas axudas que concede”, indica o voceiro do grupo, Óscar Vilar.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page